jueves, 11 de octubre de 2018

Sorpresa!


Cando entramos hoxe na clase, atopámonos con algo envolto nunha manta.
Ao principio, sorprendémonos moito e, despois, empezamos a imaxinar que podería ser aquelo que estaba alí tapado.


Alguén dixo que igual era unha caixa, pero outro membro do grupo dixo que non se parecía a unha caixa.
Entón, unha persoa dixo que podía ser un teléfono, pero outra opinou que era moi grande para ser un teléfono.
Tamén dixeron que podía ser un can, un bebé, un coello..., pero sempre había alguén que dicía que iso non podía ser porque era moi grande, moi pequeno ou non se parecía na forma.
Decidimos tocalo cun dedo, para notar se era algo duro ou blando e resultou ser duro, así que, alguén dixo que ao mellor era plasti. Todos dixeron que non podía ser porque a plasti non era así.
E, cando volviamos estar sen ideas, Iria dixo que era unha cesta porque as cestas tiñan unha asa así, coma esa...e tiña razón.


Resultou que dentro da cesta vivía Pepito (foi o nome que lle puxemos ao rato que nos atopamos dentro), que vai quedar con nós, na nosa aula.


Pepito non coñece moitas froitas, polo que vai viaxar polas vosas casas para que llas descubrades.
Estades preparados para recibilo???