Esta mañá, despois do recreo, tivemos unha sesión organizada pola Biblioteca do centro.
Coa axuda duns alumnos de sexto, preparamos os nosos marcalibros personalizados.
Poderemos utilizalos cando vaiamos á biblioteca a ver libros.
Gustounos moito a actividade e a visita dos maiores!!!