Comeza o outono e chega a hora de preparar de novo a nosa horta.
Despois do verán, os nosos bancais estaban cheos de herbas, polo que o primeiro paso foi arrincalas e remover a terra.
Con esa tarefa empezamos onte, despois do recreo.
Tocar a terra costoulles un pouco a algunhas personiñas, pero outras estaban encantadas de mancharse coas herbas.
Por certo, atopamos vida nun dos bancais!!!