jueves, 21 de marzo de 2019

Jose investigou o pomelo

As viaxes de Pincho remataron visitando a casa de JOSE! Xuntos viviron moitas aventuras... entre elas investigar unha nova froita... o POMELO!
Jose contounos que o pomelo ten moita vitamina C, vitamina A, que nos axuda a ter forte o corazón e a pel... e a non estar enfermos!

Tras todas estas froitas investigadas: amorodo, plátano, mazá, piña, granada, ameixa, uva, mandarina, laranxa, pera, limón, arándanos, melón, sandía e pomelo... Xa sabemos que...
AS FROITAS SON UN ALIMENTO MOI SAUDABLE E ESENCIAL NA NOSA ALIMENTACIÓN!
Ademais de tantas vitaminas, axúdannos a estar sans e fortes...
Así que... non esquezades comer froita!

Deixámosvos aquí o video de Jose... que se confundiu un pouquiño contándonos que traia pomelo pero en realidade... trouxo un biscoito de pomelo!!!




Moitas grazas familia pola colaboración!