martes, 19 de marzo de 2019

Día da Muller - Mamás traballadoras

O pasado día 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller e nós quixemos celebralo coñecendo o traballo das mamás da nosa aula...

A primeira en visitarnos foi Beatriz, a mamá de Raquel, que nos contou que ten dous traballos: o primeiro, ama de casa, facendo un montón de cousas para que tódolos días no seu fogar as cousas vaian ben... pero sempre con axuda do papá de Raquel e das súas fillas!
O seu segundo traballo é de farmacéutica, sobre todo polo verán, e contounos cal era o seu uniforme e funcións na farmacia...


Tamén nos visitou Mar, a mamá de Sasha. Ela tamén é ama de casa, pero ademais é repartidora nunha panadería tamén polo verán e fai que todas e todos teñamos pan tódolos días! 


Mayka, a mamá de Gael, explicounos que ela é cociñeira nun restaurante: portando o seu gorro de cociñeira, explicounos todo o que alí cociñan, a importancia de manter o espazo limpo, de organizarse e de colaborar cos seus compañeiros para que a xente quede contenta ó visitar o restaurante!


O xoves tivemos a visita de Teresa, a nai de Naira, unha muller que loita cada día por superarse no seu traballo: deportista. Coa sua piragua rosa e moito esforzo, conseguiu moitas medallas... pero tamén coa axuda de Naira, como nos ensinou nas fotos que trouxo ó cole!


E tamén contamos coa visita de Marisa, a tía de Andy, que é diseñadora e patronista, explicounos todo o proceso que pasa a roupa que levamos posta, tódolos materiais que fan falla... e ensinounos un montón de teas!


E así, grazas á colaboración destas cinco mulleres, descubrimos que ningún traballo ten xénero nin condición, e que todas e todos podemos conseguir e facer o que queiramos nun futuro. Porque todos temos o noso papel na sociedade, que é IMPORTANTÍSIMO.

MOITAS, MOITAS GRAZAS POR VIR!