A semana pasada Pincho visitou a casa de Maruxa para investigar xunto a ela e á súa familia todos os beneficios da ameixa (ciruela en castelán)! Xuntos pasárono xenial, ata durmiron xuntos (aínda que Pincho ronca e despertaba ás veces a Maruxa...) e descubriron que a ameixa é boa para facer pis e ir ó baño, ter enerxía e non poñernos enfermos/as!
Ademais, fixeron unha receita con iogur, ameixa, fariña, azucre, levadura... que estaba moi rica!