AO COMEZAR O MES DE DECEMBRO, NA CLASE DE 4 ANOS APARECERON UNHAS MISTERIOSAS PEGADAS NO CHAN. DESPOIS DE INVESTIGAR COMPARANDO AS PEGADAS DE DIFERENTES ANIMAIS, DESCUBRIMOS QUE AQUELAS PISADAS ERAN DUN TEMIBLE ANIMAL: O LOBO!
A PARTIR DESE MOMENTO, O LOBO CONVERTEUSE NO GRAN PROTAGONISTA DA NOSA AULA, E CON EL FIXEMOS NUMEROSAS ACTIVIDADES.
FIXEMOS AS CASIÑAS DO CONTO DOS TRES PORQUIÑOS, UNHA DAS NOSAS HISTORIAS FAVORITAS SOBRE O LOBO. ISO SI, PARA ISO TIVEMOS QUE RECORTAR MOITA PALLA, MOITAS TÁBOAS DE MADEIRA E MOITOS LADRILLOS!
INVESTIGAMOS COMO É UN LOBO: AS PARTES DO SEU CORPO, ONDE VIVE, QUE COME
(XA QUE É UN ANIMAL CARNÍVORO)...
TAMÉN REPRESENTAMOS CON TÍTERES ALGÚNS DOS CONTOS CLÁSICOS NOS QUE APARECE O
LOBO.
E MESMO CONSTRUÍMOS UN LOBO XIGANTE CON CARTÓN E PINTÁMOLO ENTRE TODOS. AGORA
UTILIZÁMOLO DE “PHOTOCALL” PARA FACER FOTOS DIVERTIDAS :)