martes, 25 de mayo de 2021

AQUÍ NON HAI QUEN GARDE UN SEGREDOOOO....

Supoñíase que o baile de fin de curso ía ser sorpresa. 

Que non iamos dicir nada aos papás e ás mamás, pero, como dixo Sara: 

“¡¡¡¡¡Uy, profe, qué difícil!!!!

Bueno, pois vale. Pido papas. 

Como parece que vos están rompendo a cabeza e que xa hai indagacións polo wasap de familias, vos deixo o enlace e así practicades con eles (utilidade dobre: zumba para a operación bikini).

Pero antes, un anticipo dos ensaios. Por suposto, pedímoslle axuda á superprofesional dos bailes do cole! 😉


 O enlace á coreografía: Coreo Baile fin de curso 2021. 4 anos

E o enlace ao vídeo orixinal (saen Snoopy e Charlie Brown bailando tamén): Better when I ´m dancing. Megan Trainor