martes, 2 de febrero de 2021

RUTINAS AMPLIADAS

 Bos días, familias!

A algúns de vos xa vos contaron os peques do CALENDARIO novo. 

Así que sabede que estamos traballando, apoiándonos  neste calendario tan completo, todas as nocións temporais e a relación entre elas: AS ESTACIÓNS, OS MESES, AS SEMANAS QUE TEN UN MES E OS DÍAS DA SEMANA. Ademáis hai un sol central e é circular, asemellando á volta da Terra ao redor do sol ao longo dun ano. As fichas que teñen letras poñémolas nós para situar os CUMPLES do mes. 

Estalles gustando moito e tamén a canción dos días da semana.



Outras RUTINAS que estamos ampliando ao fío dos DÍAS da SEMANA son:
- Colocar o calendario de merendas do día e escribir o que trouxo o encargado/a.
-Colocar os elementos de tempo atmosférico e escribir como está o día (o de “chuvioso”/ “lluvioso” serviunos para traballar as letras CH e LL)

Seguimos escribindo os NOMES DOS CAPITÁNS DE EQUIPO, pero agora uns escriben os de outros. Por exemplo: o capitán do vermello escribe o do laranxa e o do laranxa escribe o nome de vermello. Axúdanse entre sí. 

Tamén cambiamos as equitetas de rexistro: xa non aparece a imaxe do neno, nin as letras son da cor do equipo. Están en gris para obrigalos a ler para saber de quen son.


Tamén escribimos nunha planilla en PAPEL tódolos días unha palabra que escolle o encargado. Hoxe BETTY escolleu MUÑECO DE NIEVE. Ela, coa axuda de Nora, escribiuno na pizarra pequeniña, eu na grande e todos no papel. Proxectamos moitas imaxes na pizarra dixital e fan o debuxo que máis lles apetece. 



Pronto comezaremos a escribir e debuxar cousas interesantes de NY City. 

Unha aperta. Ana