"Non somos xigantes, pero xuntos fixemos grandes cousas"
Tódolos días, a primeira hora da mañá, temos o noso momento de coloquio, ese momento onde compartimos como nos sentimos, que fixemos o día anterior despois do cole, canto nos gusta estar e xogar con papá e mamá, os nosos intereses... sen dúbida, é ese momento onde se descobren os afectos, motores imparables que nos conducen ata o saber.
Aproveitando o Nadal e toda a motivación que esta época provoca nos nenos/as, na rutina "Momento creativo" apareceu a obra "Corazón" de Van Gogh. A través de esta obra fixemos preguntas como: ¿que vedes?, ¿de qué cores está pintado?, ¿qué pasaría se o corazón non estivera pintado de cor vermella? ... Unha das respostas foi: "O corazón é desa cor porque está contento". Isto levounos a descubrir e desfrutar da lectura do conto "Así es mi corazón".
Pero aí non quedou a cousa... decidimos facer un adorno de nadal onde houbese un corazón.
Á profe ocorréuselle acompañar este adorno cun acróstico de cada nome. Aquí vos deixo o resultado final. ¡BO NADAL FAMILIAS! 😘