Como xa sabedes, ó comezo de curso inauguramos un novo proxecto: A que sabe o mundo? relacionado coa alimentación, gastronomía, tradicións... todo aquilo relacionado coa comida.
Por iso, decidimos comezar a cesta viaxeira que nos permitiu descubrir froitas, as súas propiedades e receitas...; investigamos os mercados... e despois sumerxímonos na investigación de tres países do mundo, as súas tradicións e, por suposto... as súas comidas típicas: Italia, China e Brasil.
Como actividade final para pechar o proxecto, decidimos que cada aula de Educación Infantil crearía un restaurante dalgún deses tres países... e á áula de 4 anos tocounos... Italia!
Despois de repasar o aprendido sobre o país, a súa gastronomía... decidimos o nome entre todos/as do noso restaurante: A mellor superpizzería de O Grove. Tras isto, escollimos o menú, a decoración, fixemos a lista da compra, investigamos a función daqueles/as que traballan nun restaurante: cociñeiros/as, camareiras/os... e... o resultado final foi...
Ademais do traballo previo... ese día tamén traballamos un montón: vestímonos de cociñeiros/as para facer a pizza que serviriamos ás nenas e nenos das outras aulas de E.Infantil; amasamos, engadimos ingredintes, prepararamos a mozzarella... e, por suposto, preparámonos para atender ós clientes co noso uniforme...
Saber como atender ós/ás clientes tamén foi un traballo previo, que soubemos aplicar moi ben... e entre atender, servir, cobrar e recoller... pasouse o día.
Pasámolo xenial e, sobre todo, aprendimos grazas á experiencia vivencial... a aprendizaxe significativa sempre se consigue cando aprendemos xogando e investigando.
Aquí tedes un pequeno resumo do día: