A cesta segue de viaxe de casa en casa, e desta volta tocoulle a Juan Manuel.
Como él ben dixo, tivo sorte e puido investigar un pouquiño sobre a súa froita preferida: o mango.
Contounos cousas tan interesantes como que se poden colleitar en todas as estacións dependendo da parte do mundo na que nos atopemos.
Tamén nos falou das súas propiedades e da receita que fixo en compañía da súa familia, iogur de mango.
Escoitade o ben que nos falou.
Logo, todos poidemos disfrutar deste postre tan rico.
Gracias por todo familia!