lunes, 27 de mayo de 2024

VISITAMOS A ILLA DA TOXA

QUE SORTE TER ESTE PARAÍSO NATURAL TAN CERCA DO COLE, VERDADE?

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS IMAXES DA NOSA VISITA Á TOXA, ONDE XOGAMOS NA PRAIA E VISITAMOS A ALDEA DOS GROBITS.

miércoles, 15 de mayo de 2024

FELIZ DÍA DA FAMILIA

CADA FAMILIA É ÚNICA, PERO TODAS IGUAL DE IMPORTANTES PARA NÓS. POR ISO QUEREMOS CELEBRAR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CUN GRAN AGASALLO.



viernes, 10 de mayo de 2024

DÍA DO PELUCHE :)

ESTE CURSO DECIDIMOS CELEBRAR UNHA FESTA CUNS INVITADOS MOI ESPECIAIS: OS NOSOS PELUCHES FAVORITOS.

A VERDADE É QUE FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO: PRESENTÁMOLOS, XOGAMOS CON ELES... E MESMO INVENTAMOS UN CONTO PROTAGONIZADOS POLOS NOSOS BONECOS.


viernes, 26 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, ESTE CURSO SUBIMOS Á BIBLIOTECA COS NOSOS PADRIÑOS LECTORES: OS NENOS E NENAS DE 5ºA. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PASAR ESTE RATO CON NÓS :)

viernes, 23 de febrero de 2024

DÍAS DE ENTROIDO

ESTE CURSO, PARA CELEBRAR O 50º ANIVERSARIO DO COLE, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DISFRAZÁMONOS DOS "PAYASOS DE LA TELE", O PROGRAMA DE TELEVISIÓN QUE TRIUNFABA NOS ANOS 70.

ASÍ DE GUAPOS VIÑEMOS TOD@S:

PERO, POR SUPOSTO, TAMÉN TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VIR DISFRAZADOS DE FORMA LIBRE. AQUÍ VOS DEIXAMOS A MOSTRA:

viernes, 22 de diciembre de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

XA FALTA POUCO PARA O NADAL, E PAPÁ NOEL NON QUIXO PERDER A OPORTUNIDADE DE VIR A VISITARNOS NO COLE. 

viernes, 24 de noviembre de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO

QUE RICAS ESTÁN AS CASTAÑAS NO MAGOSTO:

PERO NON TODO FOI COMER, NON. TAMÉN PASAMOS UNHA DIVERTIDA MAÑÁ COS XOGOS TRADICIONAIS ORGANIZADOS NO PATIO.



lunes, 6 de noviembre de 2023

CHEGOU O SAMAÍN AO COLE

ESTE SAMAÍN VOLVEMOS AO PASADO: 50 ANOS ATRÁS, POR ISO AS NOSAS FOTOS ESTÁN EN BRANCO E NEGRO.

UNHAS FOTOS MOI TERRORÍFICAS, VERDADE?
PERO POR SORTE, FUMOS CAPACES DE VOLVER AO PRESENTE, E AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS DO ELEGANTES QUE VIÑEMOS TODOS AO COLE PARA CELEBRAR O SAMAÍN.


martes, 20 de junio de 2023

XA QUEDAN POUQUIÑOS DÍAS DE COLE

NESTES ÚLTIMOS DÍAS DE COLE APROVEITAMOS PARA PARTICIPAR NO PASAPALABRA DE CINE QUE PREPARARON OS NENOS E NENAS DE 4ºA. TAMÉN REMATAMOS OS NOSOS CADERNOS SOBRE A PELICULA DOS 101 DÁLMATAS E, POR SUPOSTO, ENSAIAMOS O BAILE QUE ESTAMOS A PREPARAR PARA O FESTIVAL DE FIN DE CURSO :) 





lunes, 19 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A NOSA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DESTE ANO FOI A BORDO DUN CATAMARÁN POLA RÍA DE AROUSA. DESTA FORMA PUIDEMOS VER AS BATEAS DE CERCA, OBSERVAR O FONDO DO MAR A TRAVÉS DOS VENTANAIS DE VISIÓN SUBMARINA, E MESMO VIMOS COMO LLE GUSTAN OS MEXILLÓNS ÁS GAIVOTAS. 









jueves, 1 de junio de 2023

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

DESTA VOLTA VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL, ONDE DISFRUTAMOS DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS E FIXEMOS UNHA MANUALIDADE. MERENDAMOS NO PARQUE DE CONFÍN E VOLVEMOS AO COLE... A BORDO DO TURITREN!